Falemos dastúas etiquetas.
Se tes unha pregunta sobre o QR, a normativa ou que tramo che convén, escríbenos. Contéstache unha persoa.
O que máis nos preguntan.
E se non está aquí, mándanos unha mensaxe.
É difícil poñelo en marcha?
Non. Das de alta o viño, completas a ficha e descargas o QR. Se te atascas, axudámosche coa creación e a xestión das túas etiquetas.
Como sei que a información é correcta?
Antes de publicar ves a ficha tal como a verá o cliente, para revisala e confirmala.
Podo personalizar o deseño do QR?
Si: cores, forma dos puntos e o teu logo no centro, para que encaixe co deseño da túa etiqueta.
E se cambia a normativa?
Como o QR é dinámico, actualizamos a información sen custo e sen que teñas que reimprimir nada.
É obrigatorio en todos os viños?
O QR é unha forma eficaz de cumprir a norma europea, pero a obriga concreta depende das regras de cada país da UE.
Está en varios idiomas?
Si: castelán, inglés, galego, francés, alemán e portugués.
Listo para empezar?
Os teus tres primeiros QR son de balde.
WinesQR